Cita co xadrez no Rosal o vindeiro 24 de xullo

CITA CON XADREZ NO ROSAL O VINDEIRO 24 DE XULLO

Aberta a inscrición para participar no torneo organizado polo Clube Xadrez Albatros en colaboración co Concello

Cita co xadrez no Rosal o vindeiro 24 de xulloO Concello colabora co Clube Xadrez Albatros da Guarda na organización o vindeiro domingo 24 de do III Torneo de Xadrez Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte. “É unha grande oportunidade para achegar esta disciplina non só ás persoas que xa son afeccionadas, senón tamén a todas aquelas que sintan curiosidade e queiran aproximarse a este deporte de estratexia e concentración”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O torneo dividirase nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantís e adultos. Todas elas disputaranse con sistema suízo a través de programa informático e partidas semirápidas. A comprobación de listas será ás 15.45 horas para dar inicio á competición ás 16.00 horas. O número de roldas e duración das partidas estarán condicionadas ao número de xogadoras e xogadores que participen, cun máximo de 100 participantes: con menos de 70 persoas inscritas haberá 6 roldas de 15 minutos, mentres que se son máis de 70 serán 7 roldas de 10 minutos.

As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través da páxina web do Club Xadrez Albatros.