CLASES PREPARATORIAS DA PROBA DA ESO POR LIBRE PARA MAIORES DE 18 ANOS NO ROSAL

O Concello do Rosal porá en marcha no mes de outubro as clases de preparación para a proba de obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro de 2019.
As clases serán de luns a venres, para os que teñan os tres módulos, de 17.00 a 19.00 ou nun segundo turno de 19.30 a 21.30. (Os horarios poderán sufrir leves variacións como consecuencia de situacións concretas). Os alumnos con 2 módulos terán tres días de clase e os que teñan un único módulo terán un día de clase.
O Concello do Rosal asumirá o 50% do custo mensual das clases pero será preciso un mínimo de 10 persoas interesadas para poder comenzar.
As persoas interesadas deben achegarse ata o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal e facer a inscrición.