CONCERTO 31º ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Concerto 31º aniversario da Agrupación Musical do Rosal  que terá lugar este domingo 30 de abril, ás 20:00 h. no Auditorio do Rosal.

Nesta ocasión o concerto terá unha cor diferente, xa que se subirán ao escenario varias formacións para interpretar de maneira conxunta un programa que abarcará distintos estilos, se ben o xénero que predominará será o da lírica con varias zarzuelas e ópera.
Ademais de participar varias das agrupacións da nosa asociación (banda de música, coral e coro de nenos/as da escola de música) contaremos tamén nesta ocasión coa colaboración da Coral San Telmo de Tui. Durante o acto pasarán polo escenario máis de 200 persoas que estarán baixo a batuta do director da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, Javier Bascoy.