CONCERTO: CUARTETO DE SAXOFÓNS “DEXTRUM ENSEMBLE”

O concerto que terá lugar este sábado día 1 de abril ás 20:30 h. a cargo do Cuarteto de Saxofóns “Dextrum Ensemble”. Será no Auditorio Municipal do Rosal é para nós e toda unha satisfacción que escollesen o noso pobo para o facer o seu Concerto de Presentación.
O grupo formado por catro músicos galegos, nace coa inquietude de facer boa música de cámara a través do saxofón, buscando un xeito de comunicar a música que sexa sinxelo e atractivo para todos os públicos.
O termo latino que dá nome a formación liga moi ben coa pretensión dos seus integrantes, que é a de exercer o dereito de facer música para que todo o mundo teña o dereito de escoitala.

Compoñentes

  • Blanca Represas, saxofón soprano
  • Miriam Arneiros, saxofón alto
  • Javier Comesaña, saxofón tenor
  • Alberto Rocha, saxofón barítono