
24 Out 2017 CONTACONTOS NO ROSAL NO DÍA DA BIBLIOTECA
Posted at 11:39h
in Sen categoría
Preto de 125 nenos e nenas, alumnos das escolas unitarias do Rosal, visitaron a Biblioteca Municipal para desfrutar do espectáculo de Trécola Teatro coa obra de contacontos “Madame Bechamel e Signorina Boloñesa”.
Hoxe, 24 de outubro, Día de las Bibliotecas, o Concello do Rosal en colaboración co Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia organizou esta actividade para os máis pequenos, que gozaron coas aventuras e desventuras de duas cociñeiras inconscientes e un pouco máxicas que cociñan un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha meiga. Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.