CONTACONTOS: RAQUEL QUEIZÁS “RAPOSADAS”

O 22 de setembro ás 12.00h na Biblioteca Muncipal do Rosal, Raquel Queirás presenta “RAPOSADAS” Raposadas é unha selección de contos populares de animais de tradición oral de Galicia, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e nenos. Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza. Axudan a coñecer o medio natural e familiar que nos unen a través da lingua, os contos, as adiviñas, os xogos e as cancións.