CONTOS ILUSTRADOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DO ROSAL

Este pasado sábado 27 de abril na Biblioteca Municipal do Rosal tivo lugar unha sesión máis dos CONTOS ILUSTRADOS a cargo de Polo Correo do Vento.Nesta ocasión o relato e ilustracións foron sobre Mª Victoria Moreno escritora e namorada de Galicia, e o libro “Unha historia de amor”.
Preto de 50 nenos e nenas coas súas familias desfrutaron da sesión.
A seguinte sesión de contacontos será o próximo domingo 5 de maio na Praza do Calvario ás 12.00 h. E a mestra e pedagoga galega, Ernestina Otero será a protagonista do día, ilustrando o libro “Semente de igualdade, semente de liberdade”.
Estas sesión de Contos Ilustrados de Mulleres Galegas está financiado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad a cargo de los fondos del Pacto de Estado contra la Violencia de Género para el año 2019.