Un paseo polo tempo para redescubrir O Rosal paso a paso

Andainas interpretativas: As Eiras, petróglifos do Ghorghalado e Capela da Madalena

A primeira cita deste 2026 celebrarase o vindeiro sábado 28 de marzo cunha ruta circular polo monte comunal das Eiras, un percorrido de 6 quilómetros e dificultade baixa-moderada, cun desnivel acumulado de preto de 200 metros e unha duración estimada de arredor de tres horas. A actividade está pensada para persoas cunha condición física media e sen problemas de mobilidade.

Durante o percorrido, as persoas participantes terán ocasión de visitar espazos cheos de historia e valor natural, como os petróglifos do Ghorghalado, testemuñas milenarias da presenza humana no territorio. A ruta continuará cara ao miradoiro da Capela da Madalena e ás súas emblemáticas sobreiras, descenderá ata a praia á beira do río Miño e regresará pasando pola igrexa de San Bartolomeu e polos tradicionais viñedos rosaleiros.

A actividade contará con prazas limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través do formulario habilitado na web municipal ou no Rexistro do Concello. Unha vez pechada a inscrición, as persoas participantes recibirán por correo electrónico toda a información práctica, incluíndo o punto de saída, recomendacións sobre roupa cómoda, comida e auga, así como a declaración responsable necesaria para participar

Date

Mar 28 2026
Expired!
No Comments

Post A Comment