Andainas interpretativas: Beira Atlántica – Camiño de Santiago pola costa e Alto da Portela || DATA PENDENTE DE CONFIRMACIÓN

DATA PENDENTE DE CONFIRMACIÓN

Este camiño que une a portuguesa cidade do Porto con Santiago de Compostela entra a Galicia pola Guarda e percorre o noso concello polos 3 kms que temos de litora. A un lado, o océano Atlántico; do outro, a Serra da Groba. Durante o percorrido pasarase polos núcleos tradicionais de Portecello (petróglifo da Laxe do Lapón) e San Xián. Subirase á Poza dos Corvos con regreso polo Campo do Couto, o Alto da Portela e o miradoiro de San Vicente (petróglifos do Alto da Campana).

Datos técnicos

  • Distancia: 12,5 kms.
  • Duración aproximada: 5 horas.
  • Desnivel acumulado: 610 m.
  • Percorrido circular.
  • Dificultade esixente.

 

As persoas interesadas en participar en calquera destas andainas deberán inscribirse previamente a través do formulario de inscrición que se habilitará uns días antes na web municipal. Haberá un límite de 30 prazas.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Date

Ago 11 2024

Time

8:00 am - 6:00 pm
No Comments

Post A Comment