
Charla ‘Nomes de lugar do Concello do Rosal’ con Alberte Reboreda
O Rosal converterase no escenario dunha viaxe pola toponimia local nunha nova sesión das Xornadas de Patrimonio que nesta ocasión será protagonizada polo arqueólogo Alberte Reboreda.
Colaborador do proxecto Galicia Nomeada que coordina a Real Academia Galega, Reboreda afondará sobre ‘Os nomes de lugar no concello do Rosal’ nunha charla de balde este venres 17 de xaneiro ás 20.00 h no Centro Social Polivalente no que prometer achegar unha nova ollada sobre a riqueza patrimonial do territorio.
No Comments