Cultura polos barrios | De Vilatriste a Vilalegre
Ás 19.30 horas chega ao parque de Pías o espectáculo infantil ‘De Vilatriste a Vilalegre’.
Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estrana tristura. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que lles dota de capacidades extraordinarias. Pero a xente de Vilatriste ignora todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado, atópanse de fronte coa desconfianza e o rexeitamento dos veciños.
A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións con escuras intencións. Trepas é o alcume dun mozo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína, descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?
No Comments