Escola da Saúde: ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’
O Concello do Rosal continúa reforzando o seu compromiso coa educación sanitaria cunha nova sesión da Escola da Saúde que nesta ocasión estará centrada no dano cerebral adquirido.
A actividade, organizada en colaboración con Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega da Saúde para Cidadáns do Sergas, celebrarase o vindeiro martes 12 de maio de 17.00 a 18.30 horas no Centro Social Polivalente.
Durante a charla abordaranse cuestións clave como as principais causas do dano cerebral adquirido, como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos; as posibles secuelas e os recursos dispoñibles para a atención e recuperación das persoas afectadas.
As persoas interesadas deberán realizar inscrición previa chamando aos teléfonos 652 770 653 ou 881 943 148, ou a través da páxina web habilitada.
No Comments