Exposición ’15 visións’
O Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle desde este 18 de setembro ata o 7 de outubro ‘15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades dende o punto de vista da Arte’, unha mostra que convida a revisitar obras recoñecidas da historia da arte a través da mirada de mulleres vítimas de violencia de xénero.
A exposición reúne o traballo artístico realizado por 15 mulleres, que versionan obras amplamente recoñecibles para ofrecer unha nova lectura das realidades representadas nelas. A través das diferentes fotografías, as participantes incorporan as súas propias perspectivas e experiencias e propoñen ao público observar as imaxes baixo un prisma de xénero.
A mostra poderá visitarse de 09.00 a 14.00 horas.
No Comments