Exposición ‘Á violencia de xénero dille non’
O salón de exposicións acolle ata o vindeiro 19 de xaneiro a mostra ‘Á violencia de xénero dille non’, unha exposición gráfica ilustrada dirixida especialmente á mocidade coa que axudar a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas nas súas relacións afectivas.
A exposición forma parte das actividades enmarcadas na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que o Rosal forma parte e que foi posta en marcha a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia no marco do Acordo de colaboración asinado coa Federación galega de Municipios de Provincias de Galicia.
Ata o vindeiro 19 de xaneiro.
No Comments