Festival de Nadal da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal

A programación continúa o sábado 13 de decembro ás 19.30 horas no Auditorio Municipal do Rosal co Festival de Nadal da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Un concerto moi especial protagonizado polo alumnado máis novo no que participarán a Minibanda, Banda Escola, Combo, Amdoriñ@s, Coral e Coro Infantil. A entrada será de balde.

Cartel ilustrado co debuxo gañador do concurso infantil, realizado por Vega Sainz Rodríguez, de 10 anos, simbolizando o protagonismo da infancia nesta celebración.

Date

Dec 13 2025
Expired!

Time

7:30 pm - 7:30 pm

Lugar

Auditorio Municipal
Categorías
No Comments

Post A Comment