‘Foot’ con Pallasos en Rebeldía
Pallasos en Rebeldía presenta ‘Foot’, inspirada en feitos reais e un monólogo poético, cómico e subrealista na voz dun futbolista palestino que nos fala do imposible camiño do seu equipo para clasificarse para a Copa Mundial. Un percorrido cheo de controis militares, exilio, corrupción e morte.
Escrita polo dramaturgo palestino-estadounidense Ismail Khalidi, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei, na natureza de ‘Foot’ está tamén a esencia de Pallasos en Rebeldía: sensibilizar á cidadanía desde a cultura sobre as terribles situacións que sofren os pobos que padecen opresión e, na medida do posible, abrir procesos de esperanza e transformación desde o noso país cara eses mesmos territorios en conflito.
Todo isto a través de accións que entenden a arte como unha linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos mediante o teatro e o circo.
No Comments