Gladiator Family

O sábado 1 de outubro as 16:30h dará comezo a actividade Gladiator Family na Esplanada do Horizonte en Portecelo.

Gladiator Family é unha animada carreira de obstáculos dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, ambos incluídos, acompañados sempre dunha persoa adulta.

Será entretemento en familia e solidario: a inscrición terá un custo de 2 euros por parella que irán destinados de forma íntegra á Asociación Down Vigo ao abeiro do programa Aproxima de Banco Mediolanum. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse enchendo un formulario web ata o vindeiro 28 de setembro ás 23.59 h. Haberá prazas limitadas.

Máis información: gladiatorraceoficial.es

 

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Date

Out 01 2022

Time

4:00 pm
Categorías
No Comments

Post A Comment