Música e divertidas actividades para todos os públicos na I Festa das Asociacións

I FESTA DAS ASOCIACIÓNS

O Rosal celebra a primeira edición da Festa das Asociacións, unha xornada festiva coa que render homenaxe ao tecido asociativo rosaleiro.

O encontro celebrarase o vindeiro martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, no parque de Pías, onde haberá música, talleres, espectáculos e actividades para todos os públicos de 11.30 a 21.00 horas.

O inicio das actividades virá marcado pola entrada no parque do Trebón dos Xidos. Pola mañá haberá ximcana ciclista, portería de precisión, talleres e xogos tradicionais, para rematar ás 12.00 h con actuacións a cargo da Agrupación Musical do Rosal e ás 13.00 h coa de Tremelique.

Ás 14.00 h será tempo de comida e as actividades reactivaranse a partir das 16.00 horas con xogos populares. Ás 18 h será a quenda do espectáculo de monicreques de Tarabelos Teatro, ‘Sabela e o paxaro máxico’, que dará paso ás 19.00 horas ás actuacións musicais de Orballo e Brassica Rapa.

Date

Mai 17 2022
Expired!

Time

11:30 am - 9:00 pm

Lugar

Parque de Pías
Categorías
No Comments

Post A Comment