IV Feira de Produtos
O Concello quenta motores para un dos momentos máis esperados do ano: a Feira de Produtos do Rosal, que chega á súa cuarta edición consolidada como un espazo de encontro, exposición, degustación e venda onde as e os produtores locais teñen a oportunidade de dar a coñecer as súas ofertas.
A feira celebrarase o vindeiro domingo 12 de outubro a partir das 11.00 horas ao abeiro da programación deseñada para celebrar as Festas do Outono do Pilar.
No Comments