
PRESENTACIÓN DE ‘INQUEDANZAS’, LIBRO DE CÁSTOR RODRÍGUEZ
O auditorio municipal acolle este sábado 14 de maio a partir das 19.30 horas a presentación de ‘Inquedanzas’, un libro escrito por Cástor Rodríguez, actual xuíz de paz e docente de moitas xeracións de rosaleiros e rosaleiras no CPI Manuel Suárez Marquier.
O acto, organizado por Ir Indo Edicións en colaboración co Concello do Rosal, contará coa presenza do propio autor, do escritor Bieito Ledo e do artista Antón Pulido.
Entrada libre ata completar aforo.
No Comments