San Silvestre 2023
O Concello celebrará o 31 de decembro a súa tradicional San Silvestre con dúas probas, unha andaina de 2.300 metros para a cativada e unha carreira non competitiva de 4 km.
A andaina sairá ás 11.00 horas dende o pavillón municipal cara a Simón do Mazo para percorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela e Estrada da Morraceira para continuar polo Camiño Campo da Feira, a rúa Simón do Mazo e rematar na Praza do Calvario.
Alí tamén rematará a carreira, que sairá ás 12.00 horas tamén dende o pavillón municipal para recorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Maceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos e Camiño Pampaloas para continuar polo camiño Campo da Feira e a rúa Simón do Mazo ata a Praza do Calvario. As dúas probas rematarán cunha gran chocolatada e sorteo de premios.
As persoas interesadas en participar nesta cita co deporte saudable poden anotarse ata o vindeiro 27 de decembro enchendo o formulario de inscrición na web municipal cos seus datos persoais.
Tras o peche da inscrición, os dorsais poderán ser recollidos antes do día 31 de decembro ou o mesmo día de 10.00 a 10.45 no caso da andaina e de 11.00 a 11.45 no caso da carreira.
No Comments