Venres Rebuldeiros: ‘Gatos con contos’ con Manuela Varela
Nova cita cos Venres Rebuldeiros no Rosal. Este venres 8 de maio ás 18.00 horas será a quenda de ‘Gato con contos’, un espectáculo de narración oral da man de Manuela Varela Contacontos.
Dirixido a nenos e nenas a partir dos 5 anos, o espectáculo propón unha viaxe polas aventuras e desventuras de varios gatos que, entre risas e situacións inesperadas, van descubrindo quen son e aprendendo a aceptarse.
A través de historias divertidas e cheas de tenrura, a sesión constrúe un espazo de educación en valores arredor da autoestima, a aceptación e o respecto á diversidade, sen perder nunca o ton humorístico.
A actividade será de balde ata completar aforo.
No Comments