
Venres Rebuldeiros: obradoiro de monicreques de calcetín
O 28 de marzo chega aos Venres Rebuldeiros o obradoiro de monicreques de calcetín, unha divertida actividade da man de Galitoon á que só hai que asistir con moitas gañas e da que todas e todos os participantes se levarán o seu propio monicreque para crear miles de historias.
O taller inclúe todo o material necesario.
Terá prazas limitadas, polo que será necesaria a inscrición previa chamando ao 986 625 000.
Ás 18.00 horas na Biblioteca municipal. De balde.
No Comments