Os Venres Rebuldeiros volven con contacontos, música e monicreques para facer gozar á cativada

Venres Rebuldeiros: obradoiro musical ‘Do, re, mi, fa… sol!’

O 14 de marzo chega aos Venres Rebuldeiros o obradoiro musical ‘Do, re, mi, fa… sol!’ da man de Fátima Martínez.

Unha interesante actividade coa que nenos e nenas de máis de 3 anos poderán familiarizarse cos conceptos musicais de xeito desenfadado e divertido, valorando a importancia da música como canle de expresión emocional, desenvolvendo a capacidade auditiva e aprendendo diversos ritmos e melodías.

Ás 18.00 horas na Biblioteca municipal. De balde.

Date

Mar 14 2025
Expired!

Time

6:00 pm

Lugar

Biblioteca Municipal
O Rosal
No Comments

Post A Comment