
‘Vía morta’, con Culturactiva e Pallasos en Rebeldía
Culturactiva e Pallasos en Rebeldía traen ao Rosal ‘Vía morta’, un espectáculo teatral que pretende traer a realidade das persoas refuxiadas ao público rosaleiro a través dunha proposta que converte ao espectador ou espectadora nun refuxiado máis.
A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da Unión Europea están provocando, un espectáculo que fala sobre a triste situación dos millóns de refuxiados e refuxiadas ás que aínda hoxe a UE pecha as súas portas.
No Centro Social Polivalente, ás 10.00 horas para o alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier e ás 20.30 horas para o público xeral.
No Comments