O Trail Adventure Muíños do Folón amosará a súa cara máis solidaria

VII Trail Adventure Muíños do Folón

O Rosal acolle este 3 de marzo a sétima edición do Trail Adventure Muíños do Folón, no que máis de 500 corredores e corredoras poderán desfrutar das paisaxes e lugares etnográficos declarados como Ben de Interese Cultural.

O evento contará con dúas modalidades: a Advance, de 21 quilómetros e 950 metros de desnivel, e a Adventure, de 12 quilómetros con 450 metros de desnivel. Tamén contará cunha fila 0 coa que se recadarán fondos a favor da Asociación Española contra o Cancro.

As inscricións da que será a sétima edición deste trail xa están dispoñibles a través da páxina web da carreira.

Date

Mar 03 2024
Expired!

Time

10:00 am

Lugar

Muíños do Folón e do Picón
Categorías
No Comments

Post A Comment