Visita guiada polos muíños do Folón e do Picón

O Concello organiza unha visita guiada para percorrer a ruta PRG-94, cun percorrido circular de arredor de 3,5 quilómetros. Acompañadas dunha guía experta, durante dúas horas as persoas participantes poderán coñecer o funcionamento dos muíños, así como os principais valores históricos, culturais e paisaxísticos do lugar.

A pesar de ser un percorrido curto, trátase dunha ruta con dificultade moderada debido á presenza de fortes pendentes, chan irregular e tramos con pedras e chanzos. Por este motivo, recoméndase levar calzado deportivo e roupa axeitada ás condicións meteorolóxicas.

Imprescindible inscrición previa no teléfono 618029916 ou en visitasguiadas@orosal.gal.

Date

Abr 18 2025
Expired!

Time

5:00 pm

Lugar

Muíños do Folón e do Picón
Categorías
No Comments

Post A Comment