O Rosal volve mollarse polos ríos esta fin de semana

XIX Limpeza simultánea de ríos

O Concello do Rosal implícase un ano máis coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) ao abeiro do Proxecto Ríos. O vindeiro domingo 4 de outubro celebrarase a décimo novena edición desta xornada que impulsa a recollida e retirada do lixo da beira dos ríos ao tempo que conciencia á veciñanza sobre a necesidade de manter limpos de residuos os ríos e toda a súa contorna natural.

Nesta xornada de limpeza do Rosal, que estará coordinada pola Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira en colaboración co Concello e con Adega, os voluntarios e voluntarias procederán á limpeza do río Tamuxe. A xornada comezará ás 10.00 horas e terá como punto de encontro o muíño das Aceñas.

A actividade está aberta a todos os públicos. Todas as persoas interesadas en participar poden solicitar información ou inscribirse enviando un correo electrónico a ajalleira@gmail.com.

Date

Out 04 2026
Expired!

Time

10:00 am

Lugar

Área Recreativa das Aceñas
Categorías
No Comments

Post A Comment