
26 Set 2018 EDUCAR EN FAMILIA
Onte foi a primeira das 4 charlas que o Concello do Rosal pon en marcha para o último cuadrimestre do ano. A temática tratada foi “Como comunicarnos mellor cos nosos fillos/as”.
Máis de 60 persoas entre pais, nais e profesionais do ensino asistiron á sesión impartida por Esteban Figueirido, psicólogo e terapeuta familiar que desenvolve os seus servizos dende hai 10 anos no concello do Rosal.
Esteban ofreceu pautas, comentou casos, falou das emocións e da importancia da comunicación na familia. Os próximos temas a tratar son: o 23 de outubro “Como motivar aos nosos fillos nos estudos”, o 20 de novembro “Familias centradas en solucións”, e o 18 de decembro “Límites, castigos e reforzo positivo”.
Como novidade, contamos cun servizo de canguro ofrecido por Ma Nunú Servicio de Kanguro Baixo Miño, xa que a conciliación é un dos nosos retos. Xa este verán ampliamos o campamento urbano, pretendemos dotar de comedores escolares aos centros educativos, e nas próximas actividades que organicemos en horario non lectivo, tentaremos ofrecer sempre alternativas para as persoas que necesiten conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal.
22 nenos e nenas divertíronse con Quelly e isto permitiu que os seus pais e nais puidesen asistir á sesión de EDUCAR EN FAMILIA. A asistencia dos pequenos superou as nosas expectativas polo que intentaremos mellorar e ofrecer este servizo noutras ocasións.
Recordade toda a información das próximas charlas e eventos podedes consultala na web do concello e no facebook.