EDUCAR EN FAMILIA “CÓMO MOTIVAR AOS FILLOS/AS NOS ESTUDOS”

O vindeiro martes 23 de outubro será a segunda das charlas que Esteban Figueirido ofrecerá no Concello do Rosal, dentro do proxecto EDUCAR EN FAMILIA.
Nesta ocasión o tema a tratar será CÓMO MOTIVAR AOS FILLOS/AS NOS ESTUDOS. O horario de inicio da charla será ás 19.30 no Salón de Exposicións do Concello.
Pais, nais, educadores e todas as persoas interesadas en asistir e aprender técnicas de motivación de cara aos estudos terán aquí a súa cita.
Unha vez máis contaremos con servizo de canguro gratuíto para atender aos máis cativos durante a hora e media que durará a sesión. As idades para facer uso do servizo será de 3 a 12 anos.
Os nenos e nenas do servizo de canguro, poderán ser entregados desde 15 minutos antes do inicio da charla na biblioteca municipal.