ENCONTROS CON PROFESIONAIS organizou o Concello do Rosal onte no CPI Suárez Marquier

Onte tarde no CPI Suárez Marquier tivo lugar os ENCONTROS CON PROFESIONAIS, que tan boa acolleita tivo o ano pasado e que organiza o CONCELLO DO ROSAL, en colaboración co Departamento de orientación do centro educativo.
Diferentes profesionais de sectores moi distintos déronse cita para expoñerlle ao alumnado de 4º diso como foron as súas traxectorias académicas, os seus inicios profesionais e a súa vida laboral.
As dificultades que se atoparon ao longo da súa vida e as cuestións que co paso dos anos valoraron como positivas.
A súa experiencia é fundamental para que o alumnado de 4º diso do Rosal asuma responsablemente a súa toma de decisións e telo un pouco máis claro na súa orientación vocacional.
5 foron os profesionais invitados, pero finalmente 4 puideron acompañar ao alumnado, xa que unha das invitadas tivo problemas de axenda de última hora.
Michael Martínez Rodríguez preparador físico en equipos profesionais de fútbol.
Fátima Rodríguez Marcos, representante do mundo dos recursos humanos e dona da empresa TALENTEA.
Pablo Martínez Fernández, soldador en empresa do metal.
Miguel Otero, mecánico operario e técnico de alta gama nun taller de vehículos.

Fátima Rodríguez Marcos, cursou os seus estudos regulados de EXB e Bacharelato na Garda.
Ao terminar foi a Santiago de Compostela onde obtivo o título universitario de Psicoloxía.
En 4º de carreira fixo unhas prácticas voluntarias á marxe das que esixía a carreira, na Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo. Ao terminalas contratárona para gestionar o proxecto durante 1 ano e medio e durante este tempo deixou os seus estudos temporalmente.
Ao terminar este traballo retomou os seus estudos en Santiago e terminou a carreira. As prácticas realizounas no centro de Educación Especial Menela de Vigo, e ao terminalas volveron contratala durante o resto do curso para cubrir unha baixa.
Logo deste tempo empezou a buscar o seu primeiro traballo co título debaixo do brazo.
Foi como orientadora laboral nun programa de emprego no Centro de Inserción Social Carmen Avendaño en Vigo, e unha vez acabado ese proxecto seguiu en Ourense noutros programas da mesma entidade.
Desde entón estivo sempre vinculada ao ámbito da formación e a orientación laboral a través de diferentes entidades como Cruz Vermella, UGT ou Fundación Nortempo.
Cansa de ir dunha entidade a outra porque os programas nos que participaba tiñan unha duración determinada, decidiu crear a súa empresa en 2015, TALENTEA e ser ela mesma a que deseñase devanditos programas, co cal agora traballa para concellos, empresas e entidades sen ánimo de lucro para os que deseña e/ou executa programas e proxectos relacionados co emprego, a formación ou a igualdade entre outros.
Tamén asesora a persoas que están en procura de emprego ou se suscitan reorientar a súa carreira profesional e intenta sacar deles/as o mellor que teñen e plasmalo nun CV, adéstralles para que saiban mostralo tamén nas entrevistas persoais, etc.
Fátima coñece de primeira man o mundo laboral, polo que pode axudar a definir os criterios na orientación vocacional enfocada a un itinerario académico e profesional.

Pablo Martínez Fernández do Rosal, estudiou no cole de Mata toda a EXB e ao terminar foi á Sangriña para facer o Bacharelato, pero a súa gran afección polo deporte, levouno a Vigo para fichar polo equipo de balonmano Academia Octavio, e terminar alí os seus estudos.
Esta experiencia foi moi positiva e enriquecedora como vivencia: coñeceu moita xente, o deporte de primeiro nivel, viaxou, pero académicamente non lle foi ben.
Ao terminar alí con 18 anos volveu ao Rosal e á vez que compatibilizaba o balonmano no Novás, empezou a traballar en diferentes sitios: empresa de embalaxe, Citroen, en obra civil, pero non tiña estabilidade e ao pouco tempo foi ao paro.
Atopou traballo en Guillarei nunha empresa de cerámica industrial como operario, onde estivo 9 anos, ata que a empresa tivo un ERE e foi ao paro.
Chegados a este punto, Pablo formara unha familia, e ten dúas fillas polo que non podía deixar de traballar. Púxose a estudar con máis de 30 anos, sacrificando os seus días e noites e sacando o título de soldador nunha empresa de formación. Desde entón traballa no sector.
Pablo pódenos falar de como ás veces é necesario parar, pensar, reformularse a vida e dar un xiro. Estudar de adulto para buscarse un futuro mellor e non parar de formarse.

Michael Martínez González, é un claro exemplo de superación, e de apertura de miras.
Michael naceu en Canadá, pero xa moi pequeñito viu ao Rosal e estudou aquí en Mata durante uns anos, pero continuou na Garda onde terminou o Bacharelato na Sangriña.
Cando terminou foi á Universidade de Pontevedra onde estudou Maxisterio de Educación Física e logo a carreira de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
Ao terminar as carreiras fixo un Máster en Preparación Física no alto Rendemento na Universidade de Barcelona. Un tempo despois preparou a Tese Doctoral sobre Predictores de lesión en futbolistas na Universidade de Vigo, obtendo o grado académico de Doutor Europeus (con mención europea) en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
Á vez que estudaba, Michael non deixou nunca de traballar: camareiro, socorrista, vendedor de xeados, preparador físico de grupos amateur… e así podía axudar economicamente aos gastos dos seus estudos, e completar as becas que recibía.
Ao acabar a carreira comezou a traballar no Celta de Vigo como preparador físico e readaptador, durante 5 anos. De Vigo foi ao Athetic de Bilbao e de aí ao estranxeiro, onde xa leva 9 anos.
3 anos en Sudáfrica, outro ano en Angola (coa Selección Nacional de Fútbol), e agora leva catro anos na India (a través da franquicia do Atlético de Madrid e en FC Pune City).
En resumo, leva 15 anos desenvolvendo a súa actividade profesional como preparador físico en equipos de fútbol profesional, en tres continentes e catro países diferentes e participou nas competicións nacionais dos respectivos equipos e en competicións continentales como a Europa League ou a Copa de África.
Sempre compatibilizou traballo con estudos universitarios e, unha vez acabou a Licenciatura, a súa actividade profesional con actividade investigadora: a través dun Grupo de Investigación da Universidade de Vigo, onde publicou diferentes capítulos de libros e artigos en revistas científicas do sector.
Ata é socio dunha spinoff que desenvolveu nove aplicacións informáticas para o deporte.
Michael comentou ao alumnado a importancia dos idiomas e de ser cidadán do mundo, así como o sacrificio e esforzo que supón conciliar a súa vida laboral e familiar.

Miguel Otero realizou os seus estudos no Rosal. Ao terminar foise á Garda e alí cursó o ciclo de Automoción na Sangriña.
As prácticas do ciclo fíxoas en Talleres Sport de Novás e o xefe quedou tan contento con el que xa non o deixou marchar.
De feito o propio xefe estaba connosco falando da importancia que lle dá como empresario á actitude dos alumnos, tanto cando realizan as prácticas, como cando encaran o seu primeiro emprego.
Di que Miguel demostroulle a capacidade e o sacrificio que fai falta ao principio cando se empeza nunha empresa.
Agora Miguel é TAG, Técnico de Alta Gama, e persoa de confianza no taller.
O traballo en equipo é fundamental en calquera emprego pero Miguel resáltao no seu, xa que necesitas comunicarche con outros departamentos ou especialistas.
Miguel destacou o importante que é o esforzo e a dedicación que amosas no traballo.

Lucía Diego, non puido acompañarnos xa que non conseguiu chegar a tempo dun evento de presentación dos seus produtos en Coruña.
Lucía sería un bo exemplo para o alumnado xa que é muller, autónoma, e unha emprendedora valente, polo que a súa visión do mundo do autónomo e da iniciativa empresarial unido á súa formación académica en comercio sería moi positiva. Tamén da expansión das redes sociais na empresa.
Lucía cursou no CPI do Rosal os seus estudos da ESO.
Ao terminar decidiu irse a Vigo a estudar un Ciclo Medio de Comercio.
As prácticas do ciclo fíxoas en Zara onde aprendeu moitísimo sobre a atención ao público, pero decidiu seguir estudando.
Matriculouse no Ciclo Superior de Comercio e Marketing tamén en Vigo.
Mentres cursaba os seus estudos do ciclo superior, compaxinábao cun traballo de información e atención ao público no Centro Comercial Gran Vía. Pero logo dun tempo, 4 anos, este contrato terminou, e foi durante este período de desocupación cando ampliou a súa familia e tivo un neno.
Durante este período de tempo adicado á familia, reformulouse a súa carreira profesional. Así que xunto cunha socia decidiron arriscar e montar en 2016 a súa propia empresa ROSABELES, que comercializa diferentes elaboracións de mirabel.
Atoparon un espazo que consideraron que estaba pouco explotado e apostaron por comercializar produtos elaborados a partir do mirabel. O seu produto estrela son as pasta Rosabeles.
Os alumnos e alumnas do CPI fixeron moitas preguntas na rolda final aos invitados e expuxeron as súas inquietudes e dúbidas.

A experiencia foi tan positiva que haberá moitos máis encontros nos próximos anos.
O Concello do Rosal aposta pola formación das rosaleiras e rosaleiros dende as idades máis tempranas.