Esta Semana Santa, ‘Ponlles nome’

ESTA SEMANA SANTA, ‘PONLLES NOME’

O Centro Cultural das Eiras acolle unha exposición de fotografía antiga os días 15, 16 e 17 de abril de 10.00 a 14.00 horas

Esta Semana Santa, ‘Ponlles nome’O Rosal viaxa ao pasado esta Semana Santa. O Centro Cultural das Eiras acolle os días 15, 16 e 17 de abril a exposición de fotografías antigas ‘Ponlles nome’, unha mostra organizada pola asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio en colaboración co Concello do Rosal que permitirá aos veciños e veciñas coñecer como era o municipio hai décadas.

“Son instantes para o recordo doutras épocas do Rosal que a xente poderá visitar durante tres días e desfrutar identificando lugares e persoas, facendo un percorrido visual único pola nosa historia”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Unha mostra retrospectiva do Rosal que brindará a oportunidade a todas e todos os visitantes de coñecer un pouco máis o concello e de xogar a recoñecer a todas as persoas que aparecen nas imaxes e a poñerlle nome e apelidos.

A exposición estará aberta ao público de 10.00 a 14.00 horas con entrada libre.