EXPOSICIÓN “NADO EN PEDRA”

A exposición “NADO EN PEDRA” permanecerá na Praza do Calvario ata o vindeiro 31 de agosto.
Esta exposición consta de 17 esculturas en pedra traballadas polo alumnado da Escola de Canteiros de Poio (Pontevedra), dependente da Deputación de Pontevedra, e ten por finalidade promover e conservar un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia.

Convidámoslles a vir velas de noite

Concellería de Cultura do Rosal