EXPOSICIÓN SORRISOS TRANSFORMADORES

Entre o 10 e o 22 de xaneiro o Concello do Rosal desfrutará da exposición SORRISOS TRANSFORMADORES organizada pola Deputación de Pontevedra. A exposición pretende chegar ao máximo público posible, e en particular á xente nova que poida ter máis dificultade pola súa orientación sexual ou identidade de xénero. Por este motivo o concello cederá temporalmente a exposición ao centro educativo CPI Suárez Marquier para que a súa proxección sexa máxima entre a xente máis nova. A exposición de 10 paneles fotográficos vai acompañada dunha charla impartida por Cristina Palacios, presidenta de ARELAS (Asociación de familias de menores Trans) o mércores 10 de xaneiro no Auditorio Municipal ás 13.00h á que toda a poboación interesada está invitada.