21 Xuñ 2019 FESTA DE GRADUACIÓN DE 4º DE SECUNDARIA DO CPI SUÁREZ MARQUIER PROMOCIÓN 2018-2019
Posted at 10:01h
in Sen categoría
Onte tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal o acto de gradación da promoción 2018-2019 do alumnado de 4º de Educación Secundaria do CPI Suárez Marquier.
54 alumnas e alumnos do Rosal festexaron onte o final dos seus estudos obrigatorios rodeados das súas familias e persoas achegadas.
A Alcaldesa do Rosal acompañou ao alumnado e desexoulles moita sorte nesta nova etapa que comezan.