FESTIVOS LOCAIS NO ROSAL PARA O ANO 2020

No derradeiro pleno ordinario, aprobouse por unanimidade, a proposta do grupo de goberno dos festivos locais para o vindeiro ano 2020, quedando constituidos como festivos locais o 25 de febreiro que é martes do entroido, e o 15 de maio que coincide con San Isidro.
Esta determinación tomouse despois de realizar un estudo de todas as datas posibles e acordouse por unanimidade plenaria a idoneidade das mesmas.