HOMENAXE A JOSE ANTONIO JUAN BENTO, MATUTE

O pasado venres 8 de xuño tivo lugar en Baiona a cena que o Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol celebra cada dous anos.
Nesta ocasión e por unanimidade nas votacións elixiron ao delegado do UD Ribera de Fútbol, Jose Antonio Juan Bento como persoaxe distinguida e quixeron premiar a súa dedicación ao deporte facéndolle entrega dun galardón en agradecemento á súa colaboración cos membros do colectivo arbitral.
Noraboa Jose Antonio Juan Bento, Matute, polos logros acadados e pola túa entrega a esta disciplina.