19 Xuñ 2019 HOXE O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER VISITOU O CONCELLO
Posted at 11:55h
in Sen categoría
Hoxe o alumnado de 1º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitou as instalacións do concello e foron acompañados pola alcaldesa no percorrido.
Visitaron todos os departamentos e profesionais que ante as preguntas dos nenos e nenas lles explicaron as súas tarefas.
Para rematar a visita asistiron ó salón de plenos onde o alumnado realizou unha rolda de preguntas á alcaldesa.
Recibiron como agasallo unhas chapas e lambetadas.