I Concurso de relato curto do Concello do Rosal

O Concello do Rosal, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza un concurso de relato curto en galego.


Este concurso ten como obxectivo xeral a dinamización e o fomento do uso da lingua galega na veciñanza, e especialmente na mocidade, a través da participación no eido literario, impulsando a escritura en lingua galega e a creatividade como forma lúdica de galeguización potenciando o eido cultural.