I RUTA TAMUXE-MIÑO EN KAYAK DE MAR

O pasado sábado 28 de outubro de 2017, tivo lugar o I Ruta Tamuxe-Miño en kayak de mar organizada pola Federación Galega de Piragüismo e base KDM Mar de Aldán, coa colaboración do Concello do Rosal que facilitou aos participantes avituallamento para a travesía.

Ademáis colaboraron a Federaçao portuguesa de canoagem, Deputación de Pontevedra, Patronato Rías Baixas, Nordes Kayak e o Concello do Rosal.
A saída da ruta foi ás 10.00 da mañá desde o Parque de Pías, aínda que unha hora antes os participantes reuníronse para levar a cabo a desinfección e limpeza dos kayak, requisito previo neste tipo de prácticas.

O estupendo día soleado e cunhas temperaturas idoneas para a práctica deste deporte, fixeron que os participantes desfrutaran da ruta. Preto de 20 persoas do Rosal, a Guarda, Cangas e Bueu, e incluso de Madrid desfrutaron das explicacións de Manuel Sobrino, veciño da Guarda e autor do Blog “El naturalista cojo” que ensinou aos participantes os valores naturais da zona do río Tamuxe, e especialmente do estuario do Río Miño, as súas aver es animais como a nutria.

O nivel de dificultade medio-baixo, animou a moitas persoas que nunca fixeran esta ruta xa que é unha travesía de iniciación.
O itinerario de 14,26 quilómetros iniciouse coa limpeza dos kayaks ás 9.00 h e a saída ás 10.00, ascendendo o curso do Tamuxe pola parte española ata o Molino das Aceñas. Logo descenso e subida polo Miño, río arriba pola canle entre terra e a illa da Canosa, para empezar o descenso por fóra da canle ata o sur da illa Ariño, lugar de alta concentración de aves, situado fronte ao Camping Santa Tecla, volvendo ao momento de partida pola canle de Cotro.