O Rosal conta cunha identidade gráfica actualizada e contemporánea que fusiona á perfección os trazos máis característicos do noso concello: o seu valor patrimonial, a natureza e a súa vinculación coa auga.
Unha nova imaxe limpa e sinxela dunha cor ambigua entre o azul e o verde que simboliza esa combinación de auga e natureza que se dá no Rosal, cunha ‘O’ que evoca as moas dos muíños, dúas ondas que representan as dos nosos ríos e as do Atlántico e cun ton verdoso que recolle a importancia da vexetación dos nosos montes e do noso agro.
A continuación poñemos á vosa disposición o Manual de Identidade Gráfica ao completo, así como elementos descargables para o seu uso correcto en ráster e vectorial.