INAGURADA A EXPOSICIÓN “DE PONTEVEDRA A RÍO”

Inaugurada a exposición “De Pontevedra a Río” pola deputada de deportes Chelo Besada no concello do Rosal.
A exposición estará aberta de luns a venres no salón de exposicións do Concello do Rosal, cun horario de 10.00 a 14.00 polas mañás e de 16.00 a 20.00 polas tardes.
A Deputación de Pontevedra quere homenaxear os deportistas olímpicos e paralímpicos dos Xogos de Río 2016 por levar o nome da provincia de Pontevedra á máis alta categoría do deporte a través do seu esforzo, compromiso e afán de superación nunha competición desta índole. O organismo provincial e o concello do Rosal, expresan todo o seu recoñecemento e deséxalles innumerables éxitos.