INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA MULLERES NA HISTORIA

O pasado domingo día 11 de marzo foi inaugurada a exposición de fotografías Mulleres na Historia pola  Alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso, acompañada pola corporación municipal e numeroso público que non quiso perderse este acto.
Este é o terceiro ano consecutivo que se organiza no Concello do Rosal esta exposición. Leva por título Mulleres na Historia xa que quere ser unha homenaxe a tódalas mulleres do Rosal e tamén de Galicia que traballaron dentro e fóra das súas casas e nunca tiveron o recoñecemento merecido.
A temática elixida para este ano 2018 foi o das vodas, con as mulleres como protagonistas absolutas.
Ceremonias, banquetes, invitadas e invitados, padriños e madriñas, e curiosidades relacionadas con este tema.
Nesta ocasión son 214 fotografías as achegadas pola veciñanza, e que en paneis, marcos e expositores enchen a sala de exposición do Concello do Rosal.
Acompañando ás fotografías, hai tres traxes de noivas cedidos polas familias para esta ocasión. Son representativos dos anos 60, 70 e 80 e fan referencias ao paso do tempo nas modas e gustos.
O horario de apertura polas mañás é de 10.00 a 14.00, e polas tardes de 16.00 a 20.00 horas.