
31 Mai 2019 INAUGURACIÓN DO CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIO
Posted at 12:46h
in Sen categoría
Xa temos lista a estrutura básica para comezar o proceso de compostaxe comunitaria! Para explicar en detalle como é o proceso e resolver as posibles dúbidas o mestre composteiro organizará dúas reunións iniciais cos usuarios interesados neste sistema:
- Luns 3 de Xuño, as 20:00 horas
- Martes 4 de Xuño, as 12:00 horas
Animamos a toda a veciñanza (tanto se teñen pensado empregar o composteiro comunitario como se non) a achegarse, ver como é o proceso e falar un pouco sobre a problemática dos residuos.
Bo fin de semana!