INSPECCIÓN DE MAQUINARIA PARA TRATAMENTOS FITOSANITARIOS

O Concello do Rosal recorda a todos os agricultores/as que segundo o Real Decreto 1702/2011 sobre inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de fitosanitarios todas as máquinas de tratamentos con depósito de máis de 100 litros de capacidade deberán ser inspeccionadas.

Para facilitar aos veciños o cumprimento desta obriga o Concello contactou cunha empresa autorizada para realizar estas inspeccións o 27 de abril do 2018.

Todas as persoas interesadas poderán anotarse no concello ata o 26 abril de 2018

  • Documentos relacionados
  1. Inspeccións de equipos de aplicación de productos fitosanitarios Xunta de Galicia