IV CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE DO ROSAL 2017

O Concello do Rosal, en colaboración con comerciantes do Rosal organizan a IV Carreira Popular San Silvestre do Rosal o vindeiro 31 de decembro ás 11.00 horas.
A iniciativa xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles.
Por esa razón,  non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará a participación.
Os productos ou servizos  sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa.

Categoría Infantil : de 0 a 14 anos
•    De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)
•    De 6 a 10 anos
•    De 11 a 14 anos

Categoría Xuvenil – Adulto:
•    De 15 a 20
•    De 21 en adiante.

A proba celebrarase o 31 de Decembro de 2017; ás 11:00h realizarase a andaina e a continuación terá lugar a carreira non competitiva estimando que nunha hora estará rematada a san silvestre. A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario.  A andaina terá 2.400 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 5.142 metros

Inscricións (2€ por persoa participante) ata o 28 de decembro e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000 e no Facebook Omix Do Rosal.

  • Documentos relacionados
  1. Regulamento IV San Silvestre o Rosal 2017