
10 Nov 2017 MERCADO LOCAL NO ROSAL
Posted at 14:29h
in Sen categoría
A partir deste sábado, amplíase o MERCADO LOCAL a outros produtos: artesanía, comercio xusto, téxtil, coiro… etc.
Despois de máis de catro meses desde a súa posta en marcha e dada a proximidade das datas de nadal e as súas compras, queremos ampliar o mercado máis alá da alimentación.
Serán benvidas todas as persoas que elaboren artesanalmente os seus produtos de craft, macramé, coiro, papelería, esmaltes, bolillos, vimbio, téxtil, e tamén queremos estender a posibilidade de participar a persoas doutros concellos veciños. O requisito principal é que a elaboración sexa artesanal.
Polo que se estás interesado/a en participar ponte en contacto connosco e facilitarémosche toda a información que precises.