MERCADOS DE NADAL NO CONCELLO DO ROSAL

No mes de decembro O Rosal acollerá os MERCADOS DE NADAL.
Serán dúas fins de semana consecutivas, nas que se dedicará o sábado 9 e domingo 10 de decembro ao MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e o sábado 16 e domingo 17 de decembro ao MERCADO DE ARTESANÍA.
Estas son datas de moitas compras, polo que o Concello do Rosal pon especial interese en propiciar un consumo responsable.
O MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, ten por obxecto fomentar unha cultura de intercambio, onde se pretende superar os conceptos de compra e venda ligados ao exceso de consumo. En definitiva, recuperar valores como o “saber compartir” e o “consumo responsable” fronte á acumulación e excesivo apego aos obxectos.
Co MERCADO DE ARTESANÍA, queremos por en valor todos aqueles productos feitos a man, con materias primas de calidade e que están realizados con mimo e tempo de elaboración, valorando o bo das cousas feitas a man.

Os mercados celebraranse no Salón de Exposicións do Concello cun horario de 10.00 a 20.00 h. ambos días.
Haberá 20 postos expositores polo que todas aquelas persoas interesadas en participar, deberán solicitar por rexistro de entrada do concello unha solicitude. Os postos serán adxudicados por orde de rexistro de entrada.

Desexamos que esta iniciativa teña boa acollida entre a veciñanza e que serva como punto de inicio do nadal no Rosal.

BASES

O Concello do Rosal quere promover o mercado local de artesanía, troco e segunda man entre os veciños e veciñas do municipio, con este fin presenta as seguintes normas que regulen o bo exercicio da devandita actividade.
1. Poden participar no mercado veciños e veciñas maiores de idade.
2. A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro. Haberá 20 postos que se entregarán por rigorosa orde de entrada de rexistro.
3. O emprazamento dos postos será o SALÓN DE EXPOSICIÓNS do Concello e o horario será de 10.00 a 20.00 tanto o sábado como o domingo, 9 e 10 de decembro para o MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e 16 e 17 de decembro para ou MERCADO DE ARTESANÍA.
4. Os artigos susceptibles de venda ou intercambio serán aqueles que pola súa natureza poidan ser vendidos en condicións máis ventaxosas. Serán de segunda man ou artesanais e que non comporten ningún dano para o adquirinte.
5. No caso do troco e segunda man, poderanse vender e/ou intercambiar xoguetes (que garden os controis de seguridade), roupa en xeral e produtos textís, libros, revistas, coleccionables, cómics, mobiliario e antigüidades, artigos informáticos e fotográficos, cadros, artigos de decoración, ferramentas, cerámica, cristal, pequena maquinaria, música e cine (orixinais), utensilios do fogar, artigos de deporte, artigos de bebé, etc.
Os titulares dos produtos serán os únicos responsables da lícita procedencia dos mesmos.

No caso de artesanía, poderán venderse productos textís, de lá, coiro, macramé, bolillos, craft, cestería, papelería, xoiería, etc.

  • Documentos relacionados
  1. BASES MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN – MERCADO DE ARTESANÍA