MOITA SORTE Ó ACANOR ATLÉTICO NOVAS

Desde o Concello queremos parabenizar ó Acanor Atlético Novás e, especialmente, aos seus equipos infantil, cadete e xuvenil que xogan nestes días as Fases de Ascenso a primeira.
“Sumámonos, así, á campaña de apoio realizada polo clube.
É un pracer ver e comprobar o gran traballo que se está a facer coa canteira do noso pobo”, afirma a alcaldesa.
Onte a rexedora, Ánxela Fernández e o Concelleiro de deportes, Germán Fernández, visitaron os adestramentos do equipo infantil e cadete e hoxe despediron na súa saída ó equipo Xuvenil.
Desde o Concello queremos desexarlle moita sorte a todos e esperamos que desfruten e aprendan moito desta experiencia.
#ForzaNovás