NORABOA A TREMELIQUE

As pandereteiras Tremelique do Rosal resultaron gañadoras do II Festival Interritmos celebrado en Rianxo a pasada fin de semana.
Primeiro como seleccionadas entre os cinco finalistas con dereito a gravar un single e un vídeo promocional, pero é que ademáis de entre todos os participantes quedaron entre os dous gañadores do CONCURSO CULTIVANDO MUSICA, para actuar e formar parte do cartel do FESTIVAL DA LUZ 2018 que se celebrará en Boimorto entre os días 7 e 9 do próximo mes de setembro.
Tremelique está formado por Lorena Vila, Rebeca Rodríguez, Miriam Diego, Elena Dourado, Tania Rodríguez e Berta Castro. A súa música enfoca o estilo tradicional cun toque moderno. Os seus seis integrantes están no mundo da música desde a infancia, o que lles levou a triunfar mesmo no programa Luar da TVG.
O grupo rosaleiro naceu no mes de outubro do ano 2015 baixo a dirección de Berta Castro.